O "Día do Adestrador" regresa con novidades

Xoves, 09 Maio 2019 09:07

O “Día do Adestrador” terá unha segunda edición. A área deportiva FGB, promotora desta actividade estreada o pasado ano, aposta de novo por ela e volverá a reunir en A Coruña a base e á elite dos adestradores e adestradoras do Baloncesto Galego.

Coa súa data de celebración marcada para o 9 de xuño, e cun programa completo que se desvelará en vindeiras datas, os primeiros detalles deste “II Día de Adestrador” chegan da man dunha novidade denominada “MOSTRA DE TAREFAS ESTRELA”. 

Coa intención de dar cabida á capacidade de traballo dos adestradores e adestradoras galegas, nace esta Mostra, a través da cal os técnicos que o desexen poderán realizar unha ou varias propostas creación propia sobre unha temática determinada e nun formato de ficha que se fará público o vindeiro día 13 de maio. 

Baixo estas premisas, os mellores 20 traballos recibidos serán parte importante do “II Día do Adestrador”, xa que serán proxectados nese marco da man dos seus propios autores e baixo a coordinación de Antonio Pérez Caínzos e Román Gómez, responsables da “Mostra”.

Formato e envío
A “Mostra de Tarefas Estrela” permitirá aos participantes escoller o eixo central do seus traballos entre cinco posibilidades, tendo que vir apoiadas todas elas con soportes de vídeo e preparadas para unha duración expositiva de, máximo, un minuto e 30 segundos. As opcións temáticas son:

Construción ofensiva.

Construción defensiva.

Fundamentos técnico- tácticos ofensivos.

Spacing- timing- extra pass.

Transición ofensiva e balance defensivo.

Todas as propostas para deberán enviarse antes do 30 de maio vía mail á dirección Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. . Así mesmo, esta dirección permanece xa activa para realizar as dúbidas ou consultas pertinentes.

Formación

Tienda online

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 shuka 

© 2019 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.