Deporte Galego

Cita formativa en Ourense co "Seminario de Técnica Individual"

  • 07 Marzo 2019 |

A Federación Galega de Baloncesto, en colaboración co Colexio Carmelitas, promove en Ourense unha nova convocatoria da súa programación didáctica, neste caso baixo o formato xa coñecido de “Seminario de Técnica Individual”.

O vindeiro 19 de marzo, con sede no Pavillón do propio Colexio Carmelitas, celebrarase este Seminario co obxectivo de reunir aos adestradores e adestadoras galegas nunha actividade na que os referentes serán César Iglesias, Director Técnico en Novobasket Vigo; e David Barrio; Seleccionador Cadete Feminino de Castilla León.

 

Ambos técnicos convidados compartirán cos asistentes un tempo (10.30 h e 12.00 h) formativo e de interacción, tanto teórica como práctica, que xirará en exclusiva en torno ao concepto base que centra este Seminario: a técnica individual.

César Iglesias: "Aplicacións do manexo de balón na Técnica Individual".

David Barrio: "Progresión no adestramento específico do tiro".

Inscrición
A inscrición neste “Seminario de Técnica Individual” deberá realizarse do xeito habitual (vía email a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) antes do 15 de marzo. Esta data será a última na que se recibirán as solicitudes de participación, nas que os interesados e interesadas deben engadir o seu nome e club de referencia.

Validación
Os alumnos dos Cursos de Adestradores FGB que tomen parte deste Semininario poderán sumar ao seu expediente individual un total de 8 horas de formación complementaria.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka