Deporte Galego

Adestradores: Ourense pecha o ano activando Curso de Iniciación

  • 12 Decembro 2018 |

A Delegación Zonal da FGB en Ourense clausura o ano 2018 programando un novo curso de iniciación para adestradores, a celebrar nas derradeiras datas deste mes. 

Gracias á colaboración do Colexio Salesianos, a cidade de Ourense será sede desta convocatoria formativa, marcada para celebrarse, na súa primeira fase, eminentemente práctica; os vindeiros días 28, 29 e 30 de decembro baixo a seguinte programación: 

Curso Iniciación Adestradores - Ourense (decembro 2018)

Fase Presencial

28/12/18: horario de mañá e tarde (Sede: Colexio Salesianos).

29/12/18: horario de mañá e tarde (Sede: Colexio Salesianos).

30/12/18: horario de mañá e tarde (Sede: Colexio Salesianos).

Fase non presencial e avaliativa: Realizarase a través da Plataforma de Formación online FGB a partir do sete de xaneiro de 2019.

Inscrición

Para esta ocasión, os interesados en poder formar parte da que será a última acción formativa da área de adestradores FGB neste 2018, poden formalizar a súa inscrición ata o día 21 deste mesmo mes, cumprindo dous sinxelos pasos:

1. Executar o pago da cota de preinscrición (200 euros - Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

2. Envío, vía mail, á delegación (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) do xustificante do ingreso, así como do formulario de inscrición.

A documentación e formularios precisos para completar este proceso achégase xunto a esta información. Así mesmo, a dirección Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. mantense activa de cara a recibir consultas o solicitudes de información. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka