Deporte Galego

A Plataforma de Mellora do Adestrador, unha ferramenta para "acompañar e axudar a pensar"

  • 07 Decembro 2018 |

Decembro é o mes escollido pola Área Deportiva FGB para reiniciar o proxecto formativo da “Plataforma de Mellora do Adestrador Galego”, un renovado escenario aberto aos técnicos en formación e liderado por todo un profesional da docencia, e home de Baloncesto: Chete Pazo.

Adestrador superior, bo coñecedor en primeira persoa da realidade do noso deporte ao máis alto nivel, e experto no campo da xestión de entidades deportivas, Chete Pazo regresa á estrutura deportiva FGB coa coordinación desta Plataforma, iniciativa que pecha este luns, 10 de decembo; o seu prazo de inscrición para un máximo de 16 prazas, e da que quixemos que el mesmo nos trasladase os seus obxectivos:

Desde a túa experiencia como docente, e por suposto tamén como adestrador; que papel lle outorgas á “Plataforma de Mellora do Adestrador” dentro da dinámica global das actividades formativas da FGB na súa área de adestradores?

A Plataforma é un complemento que encaixa moi ben co resto das propostas formativas da FGB. Creo que vai a ter un papel moi activo, no que xurdirán moitas cuestións as que trataremos de dar resposta, e todas esas aportacións serán compartidas e trasladadas a Área de adestrador@s, para deste xeito axudar tamén ao crecemento desta parcela federativa.

Indo ao detalle, cales son as características base do proxecto? 

É unha idea innovadora e moi atractiva que nace no 2014 da man de Carlos Colinas director deportivo da FGB, e parécenos tan interesante que decidimos volver a reactivala. As súas características fundamentais son o perfil de adestrad@r a quen vai dirixido, o modelo de titorización a grupos reducidos, e a adaptación a realidade de cada adestrad@r.

Qué define, precisamente, ese perfil de adestrad@r?

Ademáis dos requisitos de idade e titulación establecidos, o perfil para o que está pensada esta proposta é o de alguén que tendo coñecementos e certa experiencia, busca seguir mellorando, cunha vocación clara de adestrar, e a ambición de medrar como adestrad@r preparándose dun xeito constante e permanente.

Como titor principal da iniciativa, que esperas que vai a aportar a mesma ao día ao día a día, e tamén a longo prazo, ao que serán os seus 16 integrantes?

O día a día espero que sexa o punto fuerte deste proxecto. O meu obxectivo fundamental é ACOMPAÑAR e AXUDAR a pensar, a reflexionar, a construir e compartir a experiencia diaria do adestrad@r no seu equipo é no seu clube, en definitiva, e como o nome da plataforma indica, contribuir á “MELLORA “ dos participantes na mesma.

Os alumnos van a atopar un apoio permanente, un lugar de encontro donde trasladar as súas dúbidas e inquedanzas, e donde atoparán ferramentas que lles axudarán a mellorar como adestrador@s dun xeito individualizado e adaptado á realidade e necesidades de cada un/ unha.

Ademáis, nos momentos de impacto poderán compartir experiencias cos outros adestrador@s do grupo e participar nos encontros con adestradores de primeiro nivel do panorama nacional.

Coa "Plataforma" retomas de novo a colaboración de xeito directo coa Área de Adestradores FGB. Ata este momento, como valoras o papel que a mesma está a desempeñar nesta última etapa?

É indudable o crecemento nos últimos anos da Área de adestrador@s FGB. Non só en canto a cantidade de propostas, como cursos, aulas formativas, claustro docente..., senón tamén a calidade das mesmas. Polo tanto creo que está a ter un papel fundamental na formación e desenrolo do adestrad@r galego. Unha mostra clara deste traballo pode verse reflexada na cantidade de profesionais galegos que hai actualmente no panorama nacional e incluso internacional.

Que cres que é o que demanda realmente a nivel formativo o adestrad@r para seguir crecendo como tal?

É difícil xeneralizar, cada adestrad@r  ten necesidades distintas dependendo da súa realidade, das súas características e dos seus obxectivos. O importante é que hoxe en día hai moitos medios para que cada un poida satisfacer as súas propias demandas

E no adestrad@r galego, en particular, que se vén formando nas últimas temporadas, denotas algo que o caracterice en especial?

Penso que o alto nivel de coñecemento e de preparación. En xeral é un adestrad@r bastante formado e sobre todo con inquedanza de seguir mellorando.

 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka