Deporte Galego

Regresa a "Plataforma de Mellora do Adestrador Galego"

  • 29 Novembro 2018 |

A Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Área de Adestradores, reactiva o formato de traballo coñecido comoPlataforma de Mellora do Adestrador Galego”. Co obxectivo de actualizar os escenarios formativos que a FGB ofrece actualmente aos adestradores máis novos renace este proxecto, posto en acción no ano 2014 e que agora atopa continuidade con características renovadas. 

Estrutura e obxectivos

A “Plataforma de Mellora do Adestrador Galego 2018 - 2019” reactívase como un foro de carácter pechado que busca, como máximo, realizar unha titorización e seguimento bidireccional formativo a un máximo de 16 técnicos que presenten persoalmente a súa candidatura para ser parte deste proxecto, e que cumpran os requisitos establecidos para o mesmo.

A primeira sinal de identidade desta Plataforma de Mellora do Adestrador Galego” ven da man do que será o seu principal coordinador: o adestrador superior e home de ampla experiencia no campo da docencia e da xestión de entidades deportivas, Chete Pazo. Da súa man, e coa colaboración de técnicos vinculados a "Escola Galega de Adestradores", realizarase unha labor que busca que os compoñenete definitivos da plataforma teñan unha áncora específica máis na que apoiar a súa formación, sendo ademáis punto de encontro e debate exclusivo con outros compañeiros.

Candidaturas: prazo aberto

Todos os adestradores interesados en presentar a súa candidatura deberán enviar a súa solicitude á FGB vía mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.), antes do vindeiro 10 decembro, e sempre que cumpran os requisitos esixidos para poder tramitar esta acción completamente de balde. A explicación en detalle dos mesmos, así como o documento oficial para facer chegar as solicitudes poden consultarse nos documentos que se achegan.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka