Deporte Galego

Adestradores: Sarria encabeza a axenda de cursos de iniciación 2018 - 2019

  • 02 Agosto 2018 |

A Delegación de Lugo acometerá no mes de setembro o primeiro curso de iniciación para adestradores da temporada 2018 – 2019. Esta primeira aposta didáctica da temporada terá na vila de Sarria a súa sede, contando coa colaboración de C.B Sarria. 

Coas datas formativas xa marcadas, e dividindo a carga lectiva en dúas fases diferenciadas, a programación do curso preséntase do xeguinte xeito:

Fase Presencial

14, 15 e 16 de setembro. (Sede: Pavillón Municipal Sarria).

14/09/18: 16.00 h a 22.00 h

15/09/18: 09.00 h a 14.00 h e de 15.00 h a 21.00 h 

16/09/18: 09.00 h a 14.00 h e de 15.00 h a 21.00 h

Fase non presencial e avaliativa
A realizar nas tres semanas posteriores á presencial e práctica. Materializarase a través da Plataforma de Formación online FGB.

Inscrición
As persoas interesadas en xestionar a súa inscrición deben remitila a través da respectiva Delegación (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) antes do 10 de setembro e seguindo estes dous pasos:

1. Executar o pago da cota de preinscrición (200 euros - Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

2. Envío, vía mail, á delegación zonal do xustificante do ingreso, así como do formulario de inscrición.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka