O “CAD Manuel Peleteiro - FGB” comeza a súa andaina

Xoves, 14 Xuño 2018 15:46

Federación Galega de Baloncesto e Colexio Manuel Peleteiro realizaron este xoves a presentación do seu novo proxecto formativo para adestradores: o “CAD Manuel Peleteiro - FGB”.

Esta iniciativa, que se porá en marcha coa realización dun “Ciclo Inicial de Grao Medio de Baloncesto”, veu a luz pública esta mañá da man do Presidente FGB, Francisco Martín; o Director Deportivo FGB, Carlos Colinas; o Director do Colexio, Luis Peleteiro; e o técnico de Río Natura Monbus, Moncho Fernández.
O Presidente FGB foi o encargado de abrir esta posta de longo agradecendo a estreita colaboración do Colexio Manuel Peleteiro como “compañeiro de proxecto e a mellor sede posible para o mesmo” e confiando ademais no seu éxito.

Pola súa banda, o máximo responsable do Colexio Manuel Peleteiro; Luis Peleteiro; tomou a palabra para rememorar a “tradición de colaboración” que a entidade educativa compostelá mantén coa FGB, unha situación que con este CAD dá “un novo paso” realizado con “esperanza, ilusión, e a certeza de que imos a contribuír para mellorar a formación dos adestradores de baloncesto e dar resposta ás demandas existentes dunha formación sólida e consistente para esta disciplina deportiva”. Para o Colexio Manuel Peleteiro, rematou, isto “é un privilexio”.

O convidado de excepción desta presentación oficial, o técnico de Obradoiro CAB, Moncho Fernández; reflexionou sobre as novas posibilidades formativas como este CAD, do que lle gustaría “ter desfrutado no seu momento”. Expresou a súa “envidia” polo alumnado que poderá gozar desta posibilidade, a cal é “unha oportunidade única para todo aquel ao que lle guste adestrar baloncesto”. Desexando a “maior das sortes ao proxecto” pechou a súa intervención.

CAD: requisitos de participación

As cuestións procesais desta estrea do “CAD Manuel Peleteiro - FGB” foron detalladas polo Director Deportivo FGB, Carlos Colinas; que sinalou o mes de setembro para o inicio deste Centro de Réxime Especial co que será o seu primeiro ciclo inicial de grado medio.

Cun total de 430 horas lectivas, de carácter presencial e online, a formación ofertará un total de 60 prazas ás que poderán optar todas aquelas persoas coa titulación ESO aprobada. O prazo exacto de preinscrición para esta opción, así como a estrutura temporal e didáctica do CAD pode consultarse nas webs oficias tanto da Federación Galega de Baloncesto como do colexio Manuel Peleteiro.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.