Deporte Galego

“A Aula Formativa do Adestrador Galego” renova convocatoria co Obradoiro CAB como centro de atención

  • 18 Abril 2013 |

A "Aula Formativa do Adestrador Galego" volve a actualidade co anuncio dunha nova sesión teórica dirixida aos adestradores da nosa Comunidade. A cita está programada para o vindeiro mércores, 24 de abril; en Compostela, da man do Director Xeral do Obradoiro CAB, José Luis Mateo.

Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB retoman a marcha da súa empresa común "Aula Formativa do Adestrador Galego". En virtude da mesma, a entidade federativa e o club santiagués convocan aos adestradores galegos a participar dunha charla prevista para o próximo 24 de abril, en Santiago de Compostela.

Tras contar para este proxecto cos mellores adestradores galegos do panorama actual, nesta ocasión o club da capital galega será o completo protagonista da sesión, que será impartida polo seu Director Xeral, Jose Luis Mateo; incorporado á disciplina obradoirista no inicio desta temporada.

Procedente do Lucentum Alicante, onde traballou como Xerente e Director Deportivo ACB entre 2009 - 2012, José Luis Mateo atesoura
unha ampla experiencia no ámbito da xestión deportiva, coñecemento que compartirá cos adestradores galegos o citado 24 de abril.

Mateo iniciará a súa intervención a partir das 20.30 h da tarde no Colexio Mayor Rodríguez Cadarso (Plaza Rodríguez Cadarso. s/n. Campus Vida). A materia da mesma será a "Filosofía de club. O Papel do Adestrador", engadindo así unha compoñente temática máis a este ciclo de charlas da "Aula Formativa do Adestrador Galego".

Inscrición e Validación
Obradoiro CAB e Federación Galega de Baloncesto volven a ofrecer todas as facilidades posibles para participar desta actividade, cuxa inscrición establécese completamente de balde, so precisando tramitar a mesma a través do envío dos datos persoais de cada interesado a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Os participantes, sempre que sexan alumnos dos Cursos de Adestradores de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da FGB, poderán validar a súa presenza nesta charla por un total de 3 horas de formación continua.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka