Adestradores: Santiago e Arousa preparan Curso de Iniciación

Venres, 27 Abril 2018 10:40

As Delegacións FGB en Santiago e Arousa promoven un curso de iniciación para adestradores, a realizar en formato conxunto e co obxectivo de materializar a didáctica durante o próximo mes de maio.

A formación neste caso realizarase de xeito combinado, permanecendo aínda por decidir a sede xeográfica na que terá lugar a carga práctica, pero abrindo xa a posibilidade a todos os interesados de inscribirse ou solicitar información: 

O peso lectivo, así como a normativa básica deste novo curso poden consultarse nos documentos que se achegan, tendo en conta que todo o proceso se levará a cabo baixo o seguinte calendario:

Fase Presencial
Delegación Santiago/ Delegación Arousa: 17, 19 e 20 de maio. (Sede: por confirmar). Prazo de inscrición: aberto ata 14/05/18.

Fase non presencial e avaliativa
A realizar nas tres semanas posteriores á xestión práctica. Acometerase a través da Plataforma de Formación online FGB.

Inscrición

As persoas interesadas en xestionar a súa inscrición deben remitila a través da respectiva Delegación ( Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ou Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ) seguindo estes dous pasos:

1. Executar o pago da cota de preinscrición (200 euros - Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

2. Envío, vía mail, á delegación zonal do xustificante do ingreso, así como do formulario de inscrición.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.