Adestradores: "Obradoiro Específico de Minibasket"

Xoves, 19 Abril 2018 16:38

Nova convocatoria para o xa consolidado “Obradoiro de Minibasket”, formato específicamente orientado aos adestradores, coa categoría minibasket como protagonista, e que, neste caso, poderá materializarse en Ourense grazas á colaboración de Carmelitas Vedruna.

Dúas charlas prácticas, comandadas por adestradores colaboradores do ámbito FGB, centrarán esta cita, cuxa data de celebración será a da festividade do 1 de maio, con sede nas instalacións do Colexio Carmelitas Vedruna (Ourense).

Nesta localización reuniranse os técnicos Carlos Maceiras (Profesor da Escola de Adestradores FGB. CB Sarria) e Yago Casal (Profesor da Escola de Adestradores FGB. Novobasket Vigo); sendo encargados ambos de guiar as indicadas intervencións que configurarán o Obradoiro coas temáticas: 

Carlos Maceiras: "Xogar en base ao spacing"

Yago Casal: "Equilibrio de ataque empregando o 2x2"

Validación
Así mesmo, este “Obradoiro de Minibasket”, marcado como actividade obrigatoria para todos os alumnos dos cursos de iniciación FGB, sumará oito horas de formación complementaria para os restantes adestradores que non cumpran esta característica. Requisito que se axustará, como estipula a norma, si se asiste á totalidade do evento.

Inscrición
Para participar nesta convocatoria é preciso solicitar previamente a inscrición vía mail ( Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ), indicando os datos persoais da persona interesada. O prazo para realizar este trámite remata o vindeiro 27 de abril (ás 14.00 h).

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2018 Federación Galega de Baloncesto

Utilizamos cookies para mellorar a súa experiencia e os nosos servizos, analizando a navegación no noso sitio web. Se continua navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información pulsando aquí: Máis información sobre a nosa política de cookies consulta a nosa Política de Cookies.

Acepto as cookies

F.G.B.