Deporte Galego

Ferrol promove un curso de Iniciación para adestradores

  • 23 Abril 2013 |

A Delegación en Ferrol FGB activa a formación para adestradores na súa zona a través da posta en marcha dun novo curso de iniciación, programado para celebrarse, íntegramente, na cidade departamental o vindeiro mes de xuño.

As aulas da actividade estenderanse durante dúas fins de semana, cumprindo as 32 horas lectivas marcadas para a formación no seu nivel de iniciación. As datas exactas destas xornada, así como a sede concreta do curso comunicaranse en vindeiros días.

Inscrición
Os interesados en consultar os detalles que irán completando esta convocatoria poden facelo a través da propia delegación, cuxa rede de contacto permanece aberta a través do enderezo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Os responsables deportivos zonais, encargados da xestión e organización desta actividade, atenderán as posibles dúbidas ou cuestións.

Igualmente, os alumnos que desexen tramitar directamente a súa participación poden facelo pola mesma vía, achegando o formulario de inscrición preciso e aboando a cota correspondente (200 euros).

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka