Deporte Galego

José Luis Mateo:"Cantos máis adestradores de club, mellor é o club"

  • 25 Maio 2013 |

O director xeral do Obradoiro Club de Amigos do Baloncesto, José Luís Mateo, asegurou este mércores, nunha nova convocatoria da 'Aula Formativa do Adestrador Galego' que "cantos máis adestradores de club, mellor é o club".

Mateo foi o protagonista dunha xornada teórica desta "Aula Formativa", programa que desenvolven o equipo e a Federación Galega de Baloncesto, nesta ocasión celebrado no Colexio Maior Rodríguez Cadarso da capital galega.

A sesión, denominada 'Filosofía de club, o papel do adestrador' estivo orientada a reflexionar sobre distintos temas, axudar a ampliar o concepto de identidade dunha entidade deportiva e, neste sentido, deixar claro aos asistentes que a filosofía dun club faise entre todos durante anos e que un adestrador de canteira, ademais de ser un técnico, é formador, mentor, psicólogo e moitas cousas máis para os xogadores.

Ademais, fixo un breve repaso á súa experiencia, para transmitir aos asistentes como encara el cada momento como director xeneral, pois el chegou este verán ao Obradoiro e moi rápido formouse o concepto de que o club simboliza "a loita ante a adversidade, a ilusión e unha masa social moi identificada", tres trazos que o diferencian doutros conxuntos.

A partir destes tres puntos básicos e cun só xogador no plantel chega o obxectivo de confeccionar un equipo e para iso queren manter o bloque, con Andrés Rodríguez, Levon Kendall e Oriol Junyent, e fichar a xogadores con fame, con corazón e en crecemento, valores fundamentais para a posterior contratación do resto de homes.

Máis tarde, pasou á segunda parte da sesión, a relativa aos adestradores, e a estes fíxolles unha serie de preguntas como por que xogan os seus xogadores, que coñecen deles, se hai sintonía de intereses no equipo, que fan polos xogadores e que lles transmiten cada día.

Aquí separou as prioridades dun técnico profesional das dun de canteira, pois o primeiro debe centrarse en "conseguir resultados, proxectar os valores do club, colaborar na viabilidade do proxecto, ofrecer espectáculo e pensar no futuro" mentres que o segundo necesita que os seus "xogadores se divirtan, transmitir valores sociais e de grupo, formar física e tecnicamente, ensinar a competir e facer amizades".

Tamén deixou clara a importancia de ser "adestrador de club e non de equipo", pois "cantos máis adestradores de club teñamos, mellor club teremos" e estes caracterízanse porque "fan grupo, realizan actividades conxuntas, coñecen actualidade dos outros equipos e están identificados e orgullosos de adestrar no club", entre outras moitas cousas.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka