Deporte Galego

Adestradores: I Clínic GDR Comarca de Lugo

  • 19 Marzo 2018 |

Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, coa colaboración de Federación Galega de Baloncesto, promove “I Clínic GDR Comarca de Lugo”, a celebrar o 2 de abril na localidade lucense de Guntín. O Pavillón Municipal de Deportes da indica vila acollerá esta cita formativa orientada a adestradores, cuxo protagonista principal será o adestrador axudante da Selección Española Sénior Masculina, Luis Guil.

O técnico andaluz compartirá unha tarde cos adestradores galegos que dexesen participar deste “I Clínic GDR Comarca de Lugo”, catalogado como "Evento Formativo Básico FGB" baixo este programa:

(17:00 h) Ataque por conceptos en categorías de formación.

(18:30 h) Relación adestrador - xogador.

Inscrición e validación

Os interesados en tomar parte en persoa deste “I Clínic GDR Comarca de Lugo” poderán facelo completamente de balde, previa inscrición vía mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.). Así mesmo, para todas aquelas personas que non poidan asistir fisicamente, retrasmitirase o evento en aberto dende a propia páxina web do GDR4.

Remarcar a posibilidade de validación formativa para todos aqueles alumnos dos cursos de Adestadores FGB, incluídos os de nivel iniciación; que xustifiquen a súa asistencia de xeito presencial a este “I Clínic”.Neste caso, pasarán a sumar no seu haber un total de 6 HORAS de formación persoal complementaria.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka