Deporte Galego

Aberta a convocatoria do "Seminario de Técnica Individual”

  • 09 Marzo 2018 |

A Area Deportiva FGB pon en marcha o seu “Seminario de Técnica Individual”, formato que repite presenza na programación deportiva anual FGB tras a súa boa acollida en pasadas ocasións.

O vindeiro 18 de marzo, en Compostela (Pavillón Instituto Rosalía de Castro), esta cita tomará de novo o pulso da formación dos adestradores galegos, e abrindo a participación a todos aqueles que o desexen ofreceralles unha convocatoria didáctica protagonizada por Joaquín Moreira (adestrador en CB Artai) e César Iglesias (Novobasket Vigo), e que conta tamén coa colaboración de Fedesa Baloncesto e o Instituto Rosalía de Castro. 

Ambos os técnicos guiarán sendas charlas prácticas en pista, seguidas dun coloquio xeral que pechará unha tarde que dará comezo ás 16.30 h e se estenderá ata as 20.00 h.

Inscrición
Os adestradores interesados en formalizar a súa participación neste “Seminario de Técnica Indivudual” poderán solicitalo vía mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) ata o vindeiro venres, 16 de marzo.

Validación
No apartado de validacións, serán un total de 10 horas de formación complementaria as que a Área de Adestradores FGB conceda aos asistentes que sexan alumnos dos seus Cursos.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka