O programa “Aula Formativa do Adestrador” celebra este domingo, 4 de marzo; a súa segunda convocatoria da temporada 2017 - 2018. Elixindo neste caso Ferrol como sede, o departamento de adestradores a FGB propón unha dobre charla didáctica, orientada a todos aqueles adestradores que desexen escoitar en persoa a Sandra Prieto, adestradora axudante no Star Center Universitario Ferrol (Liga Feminina); e Diego Fernández, adestrador do equipo EBA de Santo Domingo de Betanzos.
Ambos ofrecerán no Pavillón ”Casa do Deporte" (Avenida de Castelao s/n. Caranza) sendas intervencións, catalogadas pola FGB como “evento formativo básico” e centradas na seguinte temática:
(16.30 h) Sandra Prieto: "Respostas defensivas lonxe do balón: tipo de axudas e rotacións".
(18.00 h) Diego Fernández: "Capacidade ofensiva do xogador desde o traballo técnico".
Inscrición e validación formativa
O proceso de inscrición nesta nova “aula” é o habitual para este formato: solicitude de participación vía mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) remitindo club de procedencia e denominación da actividade. Nesta ocasión, o prazo para realizar este trámite vence este mesmo venres, 2 de marzo.
Pola súa banda, a validación formativa computarase por 8 horas de Formación Complementaria para os alumnos dos cursos de adestradores FGB que participen.