Deporte Galego

Regresa a "Aula Formativa do Adestrador"

  • 05 Febreiro 2018 |

A Área Deportiva FGB recupera o formato “Aula Formativa do Adestrador”, abrindo de xeito inminente a primeira destas citas no marco da presente temporada 2017 – 2018.

Esta convocatoria de estrea terá lugar o vindeiro luns, 12 de febreiro; da man de Concello de Tui e CB Tui. Nesta vila pontevedresa, en horario de tarde, a FGB contará coa colaboración de dous técnicos galegos de ampla traxectoria no noso baloncesto, Javier Llorente e Cristina Cantero; para impartir dúas charlas en pista (Pavillón Municipal), catalogadas ambas polo departamento de adestradores FGB como “evento formativo básico”:

(16.30 h) Javier Llorente (Adestrador Marín ENCE Peixe Galego. Liga EBA): “Construción e conexión dun ataque en formación”.

(18.00 h) Cristina Cantero (Adestradora Celta Baloncesto. Liga Feminina 2): “Como potenciar a mellora individual do xogador”.

Inscrición e validación formativa
Os adestradores que desexen inscribirse na “Aula” deberán solicitalo vía mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) remitindo, como habitualmente; datos persoais, club de procedencia e referencia da “Aula” en cuestión. O prazo para realizar este trámite vence este mesmo venres, 9 de febreiro.

Pola súa banda, neste caso, o proceso de validación formativa computarase por 8 horas de FC para os alumnos dos cursos de adestradores que asistan á totalidade da “aula” e asinen persoalmente o formulario que se remitirá ao remate da mesma.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka