Deporte Galego

Adestradores: novas propostas formativas para o nivel “iniciación”

  • 26 Xaneiro 2018 |

As Delegacións FGB en Ourense e Coruña abren sendas convocatorias didácticas orientadas á iniciación para adestradores. Marcadas en ambos os casos para realizarse de xeito completo durante o mes de febreiro, e coa carga lectiva correspondente ao nivel de iniciación indicado para esta temporada 2017 – 2018, esta dobre cita coa formación articularase baixo o seguinte programa:

Fase Presencial

Delegación Coruña: 10, 11 e 12/02/18 (Sede: Colexio Compañía de María. A Coruña.). Prazo de inscrición: aberto ata 05/02/18.

Delegación Ourense: 10, 11 e 12/02/18 (Sede: por confirmar). Prazo de inscrición: aberto ata 05/02/18.

Fase non presencial e avaliativa

En ambos os casos, a realizar nas tres semanas posteriores: do 13 ao 28 de febreiro a través da Plataforma de Formación online FGB, ferramenta que será dada a coñecer aos alumnos durante o propio transcurso das aulas presenciais. 

Inscrición
Como parte do proceso instaurado de xeito oficial, os interesados en tramitar a súa inscrición deben xestionala a través das respectivas Delegacións. Para completar o proceso é necesario:

1. Executar o pago da cota de preinscrición (200 euros - Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

2. Envío, vía mail, do xustificante do ingreso, así como do formulario de inscrición: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. / Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka