“Campus de Formación para Adestradores Galicia 2017 - Fundación AGR”

Luns, 12 Xuño 2017 16:07

A Fundación Aíto García Reneses e Improve Basketball, en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto, organiza o “Campus de Formación para Adestradores Galicia 2017 - Fundación AGR”.

A celebrar na cidade de Ourense entre os días 26 e 30 de xuño, dirixido polo técnico galego do Joventut Badalona, Diego Ocampo; esta excepcional iniciativa nace encarada a todos aqueles adestradores que teñan como meta seguir crecendo e mellorando na labor ao frente dos seus equipos.

O “Campus de Formación para Adestradores Galicia 2017. Fundación AGR” presenta un equipo docente de primeiro nivel. Partindo da supervisión do propio Aíto García Reneses, na cidade das Burgas daranse cita en primera liña para monitorizar este Campus: o xa citado Diego Ocampo; o adestrador de Bilbao Basket ACB, Carles Durán; o técnico axudante en Real Madrid (ACB), Paco Redondo; o Seleccionador U18 Feminino, Miguel Ángel Ortega; o ata esta temporada adestrador do Basquet Coruña LEB Oro, Tito Díaz; e o líder do banquillo 2016 - 2017 de Club Ourense Baloncesto, Gonzalo García de Vitoria.

Apoiados ademáis por un nutrido conxunto de técnicos galegos, este grupo de traballo repartirá a súa experiencia ao longo de cinco intensos días dos que, para participar e tramitar a inscrición, poden consultarse xa todos os detalles na ligazón oficial: 

Campus de Formación para Adestradores “ Galicia 2017 – Fundación AGR”

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.