Adestradores: A formación en iniciación despide a temporada con cita en Rianxo

Mércores, 24 Maio 2017 15:48

A Delegación FGB en Santiago pon en marcha o que será o derradeiro Curso de Formación en Iniciación para adestradores da temporada 2016 – 2017. A localidade de Rianxo é a escollida como sede presencial para esta convocatoria.

A zonal compostelá celebrará esta cita en cuestión coa novidade do formato express: 18 horas a realizar, obrigatoriamente, de xeito presencial, e as restantes que marca a carga lectiva a través da Plataforma "on line" FGB:

Formación Non Presencial (Vía Plataforma on line FGB): inicio o 01/06/2017.

Formación presencial: 17 - 18/06/17. Sede: Pavillón Municipal Rianxo.

Inscrición: aberta ata o 30/05/2017

Os interesados en tramitar a súa inscrición deben xestionala a través da indicada Delegación FGB en Santiago. Para formalizar este proceso será preciso realizar, en primeira instancia, o pago da cota de preinscrición (200 euros - Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406) e, posteriormente, remitir vía mail ( Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ) o xustificante de ingreso, así como o formulario de inscrición.

Programa de Bolsas
A Federación Galega de Baloncesto mantén activo un programa de bolsas económicas para a matrícula neste cursos. Todos os alumnos dos mesmos poderán optar a axudas sempre que sexan nados no ano 1995 ou posteriores, residentes en Galicia e resulten APTOS en primeira convocatoria.

Nos documentos que se achegan remítense as bases e información concreta tanto para a realización do curso, como para a solicitude das bolsas. Así mesmo, no apartado FORMACIÓN en INICIACIÓN atópanse todos os datos precisos.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.