Adestradores: San Ciprián acolle o Seminario de "Dirección"

Martes, 02 Maio 2017 15:46

Federación Galega de Baloncesto, en colaboración co C.D. San Ciprián e Concello de Cervo; promoven un Seminario de “Dirección”, actividade orientada a adestradores e que se celebrará no marco do XXXVII Campionato de España de Clubs Júnior Feminino, cita especial para o Baloncesto Galego e que comezará este sábado, 6 de maio, con sede nas localidades de Burela, Viveiro e a propia San Ciprián.

O Director Deportivo FGB, Carlos Colinas; e o adestrador de Santo Domingo Betanzos (LIGA EBA) protagonizarán este Seminario de “Dirección”. Ambos os técnicos achegaranse o domingo, día 7 de maio; ata a casa da Cultura de San Ciprián (12.30 h) para compartir cos participantes que o desexen a súa experiencia na temática escollida.

Para aproveitar esta posibilidade os interesados deben enviar vía mail ( Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ) a súa solicitude de inscrición, remitindo ésta antes das 14.00 h deste venres, 5 de maio.

Para todos eles, como ven sendo habitual se se trata de alumnos dos cusos de adestradores FGB, existirá a posibilidade de validar a asistencia por un total de 8 horas de formación complementaria (alumnos Nivel 1, Nivel 2 e Superior) e 4 horas (iniciación).

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.