Formación para adestradores no "All Star Galicia 2017"

Martes, 25 Abril 2017 10:02

A Área Deportiva FGB activa unha nova actividade formativa a celebrar no marco do “All Star Galicia 2017”.

Neste evento de tecnificación, a celebrar o vindeiro un de maio na localidade de Boiro, o departamento de adestradores FGB abre a posibilidade aos técnicos galegos que se atopen en formación de asistir, observar e, posteriormente, intervir nos adestramentos dos xogadores e xogadoras convocados nesta cita coa xeración 2004 baixo este plan: 

(09:30 h) Chegada ao pavillón.

(10:00 h - 12:00 h) Observación do adestramento feminino e posterior reunión co corpo técnico FGB para comentar aspectos observados.

(12:00 h - 14:00 h)  Observación do adestramento masculino e posterior reunión co corpo técnico FGB para comentar aspectos observados.

A actividade poderá completarse asistindo aos partidos da quenda de tarde (16.30 h e 18.30 h).

Inscrición
Os adestradores que desexen involucrarase na dinámica deste “All Star Galicia 2017” dende esta perspectiva formativa poderán solicitalo, antes das 14:00 h deste vernes, 28 de abril; vía mail a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. indicando o nivel do seu último curso de adestradores realizado.

Os requisitos e detalles concretos do que exixirá a participación nesta actividade poden consultarse no documento oficial que achegamos.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto