Adestradores: as zonais FGB en Ourense en Santiago convocan Curso de Iniciación

Martes, 07 Marzo 2017 11:46

Nova cita formativa no calendario deste 2017. Sumándose aos cursos xa celebrados en Vigo, Lugo e A Coruña, dúas novas delegacións FGB, Ourense e Santiago, teñen todo preparado para acometer a súa quenda formativa en iniciación.

Destinando a posta en marcha desta actividade para o próximo mes de abril, a carga lectiva estipulada para cada estadio didáctico estará repartida do seguinte xeito:

Delegación Santiago - Curso de Iniciación marzo 2017

Formación Non Presencial (Vía Plataforma on line FGB): a partir do 27/03/17.

Formación presencial: 08, 10 e 11/04/17 Sede: Boiro.

Inscrición: aberta ata o 26/03/2017.

Delegación Ourense - Curso de Iniciación marzo 2017

Formación Non Presencial (Vía Plataforma on line FGB): a partir do 24/03/17.

Formación presencial: 08, 09 e 10/04/17 Sede: Instalacións cedidas por Club Carmelitas Vedruna.

Inscrición: aberta ata o 23/03/2017.

Os interesados en tramitar a súa inscrición deberán materializar a mesma a través da delegación implicada, seguindo este plan de acción:

- Executar o pago da cota de preinscrición (200 euros - Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

- Enviar ás delegacións vía mail o xustificante deste ingreso, así como o formulario de inscrición oficial ( Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. e Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. )

Bolsas

Para esta dobre convocatoria, a Área de Adestradores FGB mantén aberto o seu programa de bolsas de axuda económica. Nesta liña, as persoas interesadas en tramitar a súa participación nas propostas de Santiago ou Ourense poderán optar a estas bolsas, sempre e cando o soliciten no mesmo intre de tramitar a súa inscrición, sexan nados no ano 1995 ou posteriores e residentes en Galicia.

Así mesmo, será imprescindible resultar APTO en primeira convocatoria do curso para conquerir esta axuda.

Nos documentos que se achegan remítense as bases e información concreta para a formaicón en inciación e a solicitude das bolsas. Así mesmo, no apartado FORMACIÓN en INICIACIÓN permanecen aloxados os datos precisos da a´rea formativa para os adestradores galegos.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.