Deporte Galego

O "VI Claustro Docente FGB" dispoñible en fegabatv

  • 16 Febreiro 2017 |

O “VI Claustro Docente FGB” chega á programación de Fegabatv, a canle da Federación Galega de Baloncesto na plataforma YouTube.

A sexta edición desta actividade formativa dirixida a adestradores e celebrada en Porriño o pasado decembro, trouxo consigo catro intervencións didácticas protagonizadas por Lluis Riera (adestrador axudante en Joventut Badalona ACB), Pau del Tio (adestrador axudante en Joventut Badalona ACB), Gonzalo Rodríguez (Adestrador Axudante Obradoiro CAB) e Alex de La Vega (Preparador físico Star Center Universitario Ferrol LF e Selección Española u18 feminina).

Fegabatv estrea estrea este xoves a emisión pública da primeira delas, a protagonizada por Lluis Riera en torno a "Como aproveitar o contacto en idades de formación". Dende este intre, esta sesión teórico practica queda aberta a consulta de todos os interesados.

O restante contido formativo do "VI Claustro Docente FGB" activarase baixo o seguinte calendario:

02/03/17 - "Defender por convicción" (Gonzalo R. Palmeiro).

16/03/17 - "Compoñentes técnicos e tácticos do pase" (Pau del Tio).

30/03/17 - "Traballo Físico integrado na formación do xogador" (Alex De La Vega).

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka