Deporte Galego

A "Incidencia das Regras de Xogo no Baloncesto de Formación", a debate

  • 23 Maio 2013 |

- As áreas deportiva e arbitral da FGB activan unha mesa redonda baixo esta temática, a celebrar dentro dos actos paralelos ao XV Campionato de España de Clubs Cadetes, competición que terá lugar en Ferrol desde este domingo, 26 de maio, e ata o próximo 1 de xuño.

- A actividade en cuestión terá lugar o 29 de maio, no salón de actos do Campus Universitario Ferrolano a partir das 16.00 h.

A Federación Galega de Baloncesto, xunto a Ferrol C.B., e en colaboración coa Federación Española de Baloncesto, propón unha nova plataforma puntual de debate, na que, grazas á presenza de destacados profesionais do Baloncesto, revisaranse conceptos arbitrais e técnicos, todo enmarcado dentro da celebración en Ferrol do XV Campionato de España de Clubs Cadetes.

A temática a tratar será a "Incidencia das Regras de Xogo no Baloncesto de Formación", un ámbito dentro do que se englobarán conceptos como o avance ilegal, uso do corpo sen balón, debate sobre as regras específicas e outras propostas de análise. A cita será este próximo mércores, 29 de maio, no salón de actos do Campus Universitario de Ferrol (16.00 h).

A calidade desta mesa redonda virá avalada pola experiencia dos seus participantes, aportando todos diferentes puntos de vista desde a súa traxectoria no mundo da canastra. Contarase para iso co ex seleccionador nacional feminino e actual membro do gabinete técnico FEB, José Ignacio Hernández; o responsable arbitral FEB e integrante da Comisión Técnica FIBA, Víctor Mas; o ex xogador internacional Manuel Aller; e o xornalista Francisco Torres, ex director de Gigantes del Basket.

Xunto a eles, e achegando a visión federativa, participarán tamén o máximo mandatario FGB, Francisco Martín; e os responsables das áreas arbitral e deportiva FGB, Miguel Ángel Pérez e Carlos Colinas, respectivamente. Estes últimos contribuíndo tamén desde o seu papel de árbitro internacional o primeiro e adestrador do máximo nivel o segundo.

Participación
O Foro será de carácter completamente aberto, convidando, desde a FGB, a participar a todos aqueles xogadores, adestradores e, por suposto, árbitros que desexen tomar parte deste intercambio de proposicións teóricas.

Así mesmo, aqueles adestradores que vaian a tomar parte do evento e á súa vez se atopen inmersos na realización das súas horas de formación correspondentes aos cursos de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 FGB terán a oportunidade de engadir tres horas á súa ficha persoal de prácticas. Para isto deberán comunicar a súa asistencia a través de Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka