Deporte Galego

Adestradores: Doble convocatoria para a formación en iniciación

  • 31 Xaneiro 2017 |

As Delegacións zonais FGB en Lugo e A Coruña activan sendos Cursos de Formación en Iniciación para adestradores. Enfocados ás datas de entroido 2017, en ambos os casos, as actividades didácticas contarán con apartado presencial e non presencial, cumprindo coa carga lectiva estipulada na súa normativa.

As premisas destas dúas convocatorias que deben coñecer e seguir todos os interesados son:


Delegación Coruña – Curso de Iniciación Febreiro 2017

Formación Non Presencial (Vía Plataforma on line FGB): de 10/02/2017 a 24/02/2017 (ambos inclusive).

Formación presencial: 25/02/17 a 27/02/2017. Sede: Elviña 1 (sala) e Elviña 2 (pista). A Coruña.

Inscrición: aberta ata o 08/02/2017


Delegación Lugo – Curso de Iniciación Febreiro 2017

Formación Non Presencial (Vía Plataforma on line FGB): de 10/02/2017 a 24/02/2017 (ambos inclusive).

Formación presencial: 26/02/17 a 28/02/2017. Sede: Colexio María Auxiliadora. Lugo.

Inscrición: aberta ata o 08/02/2017

Inscrición

Os interesados en tramitar a súas inscricións nunha das dúas propostas deben xestionalo a través das propias delegacións implicadas. Para iniciar o proceso será preciso executar o pago da cota de preinscrición (200 euros - Caixabank: ES96 2100 1455 14 0200227406), taxa que inclúe matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico.

Posteriormente as delegacións deberán recibir vía mail o xustificante deste ingreso, así como o formulario de inscrición preciso:Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. e Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Bolsas

A Federación Galega de Baloncesto mantén activo un programa de bolsas económicas para a matrícula neste cursos. Todos os alumnos dos mesmos poderán optar a axudas sempre que sexan nados no ano 1995 ou posteriores, residentes en Galicia e resulten APTOS en primeira convocatoria.

Nos documentos que se achegan remítense as bases e información concreta tanto para a realización do curso, como para a solicitude das bolsas. Así mesmo, no apartado FORMACIÓN en INICIACIÓN atópanse todos os datos precisos. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka