Deporte Galego

Convocado o Curso de Adestrador Superior 2017

  • 24 Xaneiro 2017 |
Convocado o Curso de Adestrador Superior 2017
(Foto: FEB)

(FEB) Zaragoza volverá ser a sede do Curso de Adestrador Superior, cuxa fase presencial celebrarase do 16 ao 30 de xullo e do que xa se pode realizar a pre-inscrición.

Trátase do gran evento anual da formación dos adestradores españois, e volverá ter a Zaragoza como a sede da súa fase presencial. A FEB, en colaboración coa Federación Aragonesa de Baloncesto, convoca este curso de carácter federativo.

O ámbito do Curso é nacional cunha carga lectiva de 755 horas, axustada ao establecido no Plan de Estudos da Escola Nacional de Adestradores e se agrupan todos os contidos específicos de baloncesto, definidos no currículo propio, en catro grandes bloques: Formación, Adestramento, Táctica e Dirección.

O Curso consta de cinco fases: a non presencial (do 10 de abril ao 30 de xuño), a presencial (en Zaragoza do 16 ao 30 de xullo), a fase de proxecto (do 1 de agosto ao 9 de decembro), a fase de prácticas e a fase de recuperación.

Xa se pode realizar a preincrición e o 7 de abril a Escola de Nacional de Adestradores notificará a lista dos alumnos admitidos. Para calquera dúbida ou aclaración é preciso dirixirse á Escola Nacional de Adestradores (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) ou para temas de aloxamento coa Federación Aragonesa (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.)

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka