Seminario Muller Adestradora: "Crer e Participar"

Mércores, 21 Decembro 2016 09:35

A Asociación Española de Adestradores de Baloncesto, coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto, organizan este xoves, 22 decembro, en A Coruña (20.00 h, Palacio dos Deportes de Riazor) o “Seminario Muller Adestradora - Crer e Participar”.

Co obxectivo de debater temas de máximo interese para o desenvolvemento da súa actividade e participación no contexto do mundo do baloncesto, no marco deste evento as participantes poderán compartir experiencias da man de tres compañeiras de ampla traxectoria en diferentes categorías do noso baloncestoIria Uxía Romarís, adestradora axudante do Basquet Coruña en LEB Oro; Sandra Prieto, adestradora do C.B. Costa Ártabra en 1º División Nacional Masculina e responsable Deportiva Zonal FGB na Delegación de Ferrol; e Julia Pena, responsable Deportiva Zonal FGB na Delegación de Lugo e adestradora do Júnior Feminino de Estudiantes Lugo.

As adestradoras interesadas en participar e que finalmente materialicen a súa asistencia poderán validar a mesma por cinco horas de formación complementaria se son alumnas dos cursos de formación FGB.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto