Deporte Galego

"Aula Formativa do Adestrador Galego": nova convocatoria

  • 26 Maio 2013 |

- A "Aula Formativa do Adestrador Galego" retoma a súa actividade coa posta en marcha, para o primeiro día de xuño, dunha nova charla ideada de cara a continuar fortalecendo a formación dos adestradores da nosa Comunidade.

- Nesta ocasión, será o galego Quique Dopico o encargado de dirixir a sesión, a celebrar en Santiago de Compostela, no Pavillón de Pontepedriña (17.00 h).

Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB retoman, no inicio do mes de xuño, a marcha do seu compromiso didáctico conxunto: a "Aula Formativa do Adestrador Galego".

Desta volta, e de novo convidando a participar a todos os adestradores que o desexen, a entidade federativa e o club santiagués organizan neste marco un encontro teórico-práctico marcado no calendario para o vindeiro sábado, 1 de xuño (17.00 h - Pavillón de Pontepedriña. Santiago de Compostela)

Quique Dopico será o encargado de guiar esta nova intervención do ciclo "Aula Formativa do Adestrador Galego", que neste caso centrará o seu decorrer nos "Movementos Clásicos adaptados ao Baloncesto de Base".

Inscrición
Unha vez máis, Obradoiro CAB e FGB ofrecen todas as facilidades para participar desta actividade, cuxa inscrición establécese completamente de balde, so precisando comunicar a asistencia través do envío dos datos persoais de cada interesado a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Así mesmo, os alumnos dos Cursos de Adestradores de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da FGB, poderán validar a súa presenza nesta charla por un total de 3 horas de formación continua.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka