Deporte Galego

Adestradores: 95 alumnos e un profesorado de luxo estrean o Curso de Nivel II

  • 29 Novembro 2016 |

A Área Deportiva FGB abre esta mesma semana o seu derradeiro Curso de Nivel II para adestradores, cita que despedirá o sistema formativo FGB existente ata este ano 2016.

Antes de emprender unha nova liña didáctica dos seus cursos baixo o formato de Ciclo de Grado Medio, o Departamento de Adestradores da FGB despide neste mes de novembro a formación en segundo nivel, e faino cun total de 95 alumnos que, procedentes de diferentes puntos de toda España, dan xa un paso máis na súa carreira como técnicos.

Este case centenar de adestradores afrontará o curso en tres fases diferenciadas e consecutivas: On line (do 23 de novembro ao 23 de decembro), presencial (do 26 ao 29 de decembro nas instalacións do Colexio Manuel Peleteiro en Santiago de Compostela) e a definitiva de avaliación (do 10 ao 31 de xaneiro de 2017).

Precisamente na primeira delas, a etapa "on line", atópanse xa os alumnos, materializando a mesma a través da recen estreada Plataforma “On line” FGB e acometendo o denominado bloque de “FORMACIÓN". Xunto a eles, guiando a súa evolución neste primeiro chanzo, traballa un cadro de profesores e titores de luxo, tal e como xa nos ten acostumados a Escola Galega de Adestradores. Neste caso, os encargados de dirixir esta primeira sección temática e as súas materias son: 

Carles Durán (Bilbao Basket): Master Class.

Diego Ocampo (Joventut Badalona): “Evolución individual dun xogador”.

César Iglesias (Novobasket Vigo): Técnica individual.

Cristino Menor (Director Deportivo Estudiantes Lugo): Táctica Individual.

Carlos Maceiras (Club Ourense Baloncesto): Técnica individual

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka