Adestradores: Convocatoria aberta para o "VI Claustro Docente FGB"

Mércores, 23 Novembro 2016 17:56

A Área Deportiva FGB dá a coñecer os primeiros detalles da que será a sexta edición do seu claustro docente FGB, con convocatoria marcada para o vindeiro domingo, 4 de decembro, na localidade de Porriño (Polideportivo Municipal, de 10:30 h a 20:00 h), coa colaboración do Concello local e do Club Porriño Baloncesto Base. 

Nesta ocasión, o programa deste "VI Claustro Docente FGB" contará coa presenza de Lluis Riera (adestrador axudante en Joventut Badalona ACB), Pau del Tio (adestrador axudante en Joventut Badalona ACB), Gonzalo Rodríguez (Adestrador Axudante Obradoiro CAB) e Alex de La Vega (Preparador físico Star Center Universitario Ferrol LF e Selección Española u18 feminina).

(10:30 h) "Traballo Físico integrado na formación do xogador" (Alex De La Vega).

(12:00 h) "Como aproveitar o contacto en idades de formación" (Lluis Riera).

(16:30 h) "Compoñentes técnicos e tácticos do pase" (Pau del Tio).

(18:00 h) "Defender por convicción" (Gonzalo R. Palmeiro).

Inscrición
A inscrición no "VI Claustro Docente FGB" debe tramitarse vía mail ( Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. ) antes do vindeiro venres, día 2 de decembro (14.00 h). A mesma será de balde, sempre que se indiquen, na comunicación previa, os datos persoais e club de precedencia. 

O habitual valor engadido da convocatoria vén da man da validación de 12 horas de formación complementaria para os alumnos dos cursos de adestradores FGB que asistan ás catro sesión completas.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales
Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña 
Colaboradores FGB
Psicocoach   logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto