Deporte Galego

Adestradores: II Seminario Monográfico "Metodoloxía"

  • 26 Octubre 2016 |

Segunda convocatoria para o “Seminario Monográfico“ promovido pola Área de Adestradores FGB. Tras o éxito de participación e interacción recollido tras a súa sesión inaugural, celebrada en Cambados o pasado 12 de outubro; chega a segunda cita presentada neste marco didáctico, nesta ocasión coa “METODOLOXÍA” como eixo referencial.

A cita está programa para o vindeiro un de novembro, buscando reunir en Ourense (Colexio Maristas, de 10.30 h a 14.30 h) a todos os adestradores galegos que desexen reforzar os seus coñecementos e a súa praxe no ámbito metodolóxico.

Esta tarefa poderán levala a cabo da man de dúas charlas prácticas e coloquio posterior entre todos os presentes. O programa en cuestión estará protagonizado por dous adestradores, colaboradores habituais da dinámica formativa FGB: Carlos Maceiras (Profesor Escola de Adestradores FGB) e Miguel González (Adestrador Axudante Club Ourense Baloncesto - LEB Oro).

Inscrición
Os adestradores interesados en tomar parte deste “II Seminario Monográfico” poden inscribirse vía mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) indicando datos persoais, club de referencia e título da actividade. A data límite para materializar esta acción está marcada para o luns, 31 de outubro (ás 14.00 h).

Validación
No ámbito das validacións formativas para os alumnos dos cursos de Adestradores FGB, este “II Seminario Monográfico” computarase
por un total de 8 HORAS de formación individual complementaria e a asistencia a un CETI (Centro de Tecnificación).

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka