Deporte Galego

Importante paso na Formación FGB para adestradores

  • 10 Octubre 2016 |

Federación Galega de Baloncesto e Colexio Manuel Peleteiro lideran xuntos un importante proxecto formativo. A institución educativa santiaguesa e a entidade federativa suman os seus esforzos asinando un acordo de ámbito formativo co obxectivo de por en marcha un CICLO INICIAL DE GRADO MEDIO EN BALONCESTO.

A Dirección do Colexio Manuel Peleteiro e os máximos responsables FGB atópanse actualmente en plena etapa de estrutura e afianzamento deste proxecto, o cal aspira a materializarse na capital de Galicia, nas propias instalación do centro de ensinanza.

Ambas institución traballan nestes intres por cumprir e acelerar, na medida das posibilidades legais vixentes, os trámites precisos para que esta etapa formativa poida iniciarse no primeiro trimestre do vindeiro ano 2017.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka