Deporte Galego

A técnica individual, protagonista do "Seminario Monográfico FGB" para adestradores

  • 07 Octubre 2016 |

A Federación Galega de Baloncesto estrea iniciativa didáctica orientada a adestradores e creada baixo a denominación “Seminario Monográfico”. A cita inugural da mesma terá lugar o vindeiro mércores, 12 de outubro; en Cambados (Pavillón Polideportivo do Pombal).

Esta novidosa convocatoria, que agarda prolongarse nos vindeiros meses con diferentes propostas, articulase en torno a tres charlas prácticas, todas baixo unha mesma temática común: a técnica individual .

A Area deportiva FGB ofrece así unha nova posibilidade de reforzar os coñecementos e a preparación dos adestradores nos conceptos que engloba a técnica individual, sumando tamén un alto compoñente de interacción entre alumnos e relatores.

Manu Santos (adestrador do Xuven Cambados de LEB Plata), Cristino Menor (Director Técnico de Estudiantes Lugo) e César Iglesias (Director Técnico de Novobasket Vigo) serán os encargados de dar forma a esta iniciativa, baixo o seguinte horario:

16.30 h - Manu Santos: "Resolución de vantaxes a través do tiro".

18.00 h - Cristino Menor: "Recursos individuais de finalización en espazos intermedios".

19.30 h - César Iglesias: "O pase: onde comeza o xogo colectivo".

Inscrición
Os adestradores dispostos a participar deste “Seminario Monográfico” deben solicitalo vía mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) indicando os seus datos persoais, club de referencia e título da charla en cuestión. A data límite para materializar esta acción está marcada para o martes, 11 de outubro (ás 19.00 h).

Validación
Pola súa banda, Os alumnos dos Cursos de Adestradores FGB que participen da xornada completa poderán transformar a súa asistencia por 1 CETI e un total de 8 HORAS de formación individual complementaria.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka