Deporte Galego

"I Clínic San Ciprián Baloncesto" #adestradorgalego

  • 20 Setembro 2016 |

C.D. San Ciprián, coa colaboración da Federación galega de Baloncesto e Concello de Cervo, realiza unha aposta pola formación dos técnicos galegos. O club lucense pon en marcha o seu “I Clínic San Ciprián – Baloncesto”, a celebrar o vindeiro un de outubro no Pavillón da Veiga.

Tres adestradores colaboradores habituais da formación FGB darán vida ao programa deste I Clínic, que se estenderá en horario de mañá e tarde con carga teórica e práctica.

(10.00 h - 11.15 h) Yago Casal (Real Club Celta). “Primeiros pasos en defensa nun equipo en formación”.

(11.30 h - 12.45 h) Fernando Buendía (Maristas Coruña). “Axudar a tomar decisións”.

(13.00 h - 14.00 h) Carlos Maceiras (FGB). “Mellora da Percepción e a lectura na iniciación”.

(16.00 h - 17.30 h) Carlos Maceiras (FGB). Adestramento Práctico en pista.

Inscrición
Esta primeira edición do Clínic San Ciprián enmárcase no Programa da “Aula Formativa do Adestrador Galego”, actividade federativa que inaugura así o seu curso 2016 – 2017. Os interesados en tomar parte deste Clínic deberán tramitar a súa inscrición vía FGB, a través do envío dun email a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Nesta comunicación deberán achegar os seus datos persoais e club de procedencia.

Validación
A participación neste "I Clinic San Ciprián" poderá validarse por parte dos adestradores a nivel federativo por un CETI e seis horas de formación complementaria.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka