Deporte Galego

II Clínic Basket Ribadulla

  • 04 Xullo 2016 |

O mes de xullo trae consigo unha ampla oferta formativa para os adestradores galegos, propostas didácticas ás que se suma o "II Clínic Basket Ribadulla".

Organizado polo propio club Basket Ribadulla, e coa colaboración de Federación Galega e Concello de Vedra, entre outras institucións; esta actividade, que se celebrará o vindeiro 30 de xullo, presentará a intervención do técnico galego Moncho Fernández.

O líder do banquiño do Río Natura Monbus Obradoiro compartirá cos participantes neste II Clínic Basket Ribadulla a súa percepción en torno aos “ataques universais contra zona”, e farao no Pavillón Municipal de Vedra (11:00 h).

Os interesados en compartir in situ a experiencia teórica do técnico santiagués nesta segunda edición do clínic poderán facelo baixo inscrición previa para a que será preciso o abono dunha cota de inscrición (10 euros - ES24 2100 2954 75 0200205568), detallar os datos persoais e presentar xustificante bancario vía mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.)

Validación horaria
A Área Deportiva FGB inclúe este “II Clínic Basket Ribadulla” dentro das actividades aptas para a validación horaria no ámbito da formación complementaria dos alumnos dos cursos FGB. Neste caso, os participantes neste clínic que ostenten na actualidade a categoría de alumnos FGB poderán computar a súa presenza no mesmo por un total de 6 HORAS.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka