Deporte Galego

Cursos de Adestradores Nivel I e Nivel II: alumnos admitidos

  • 04 Xuño 2013 |

A Área de Adestradores da Federación Galega de Baloncesto comunica de xeito oficial as listas de alumnos admitidos para formar parte dos seus Cursos de Nivel I e Nivel II da actual tempada 2012 - 2013.

Unha cifra elevada de 59 inscritos para o Nivel I e un total de 25 en Nivel II conforman o cadro vixente de adestradores que este vindeiro mes de xullo darán un paso máis na súa carreira formativa.

Todos eles afrontarán dúas fases diferenciadas: non presencial e presencial. A primeira delas, entre o 3 e o 30 de xuño para ambos niveis; e a segunda do 6 ao 10 de xullo para o Nivel 1 e do 6 ao 12 de xullo para o Nivel 2. Esta última fase reunirá ao total dos alumnos nas instalacións do compostelán Colexio Manuel Peleteiro, onde se levarán a cabo as aulas, tanto teóricas como prácticas.

A dirección de ambos cursos trasladará aos implicados toda a información relativa aos mesmos (horarios, cadro de profesores, etc) conforme avancen as datas. Igualmente, mantense activa a dirección Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. para xestionar posibles cuestións ou dúbidas.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka