Deporte Galego

"V Claustro Docente FGB"

  • 12 Maio 2016 |

Jota Cuspinera, Miguel Ángel Ortega, Tito Díaz e Javier Llorente protagonizarán, o vindeiro 5 de xuño en Marín, o “V Claustro Docente FGB”.

A presenza dos catro técnicos na vila, así como a realización desta nova edición do Claustro poderá levarse a cabo grazas a colaboración de Concello de Marín, Deputación de Pontevedra e CB. Marín Peixegalego.

Nova e máis que atractiva edición para o Claustro Docente FGB. O vindeiro 5 de xuño, en Marín (Pavillón Municipal A Raña) ; a Área Deportiva FGB reunirá a catro grandes profesionais do baloncesto nacional para, xunto a eles, dar forma á quinta edición do seu particular “Claustro”.

Así, neste marco didáctico, serán os experimentados técnicos Javier Llorente, Tito Díaz, Miguel Ángel Ortega e Jota Cuspinera, os catro relatores de excepción para esta nova actividade da FGB, a cal segue a avalar os altos niveis de calidade a oferta formativa para os adestradores galegos.

Os detalles deste V Claustro contemplan, polo momento, a orde de intervencións e os horarios de cada unha das charlas previstas, agardando dar a coñecer tamén en vindeiros días as temáticas e os pormenores da presenza de cada un dos catro grandes protagonistas deste evento:

11:00 h - Javier Llorente (Adestrador Marín Ence Peixe Galego. LEB Oro)

12:30 h - Tito Díaz (Adestrador Leyma Basquet Coruña. LEB Oro)

17:00 h - Miguel Ángel Ortega (Adestrador Perfumerías Avenida. Liga Feminina)

18:30 h - Jota Cuspinera (Adestrador Montakit Fuenlabrada. Liga Endesa)

Inscrición
Este “V Claustro Docente FGB”, cargado de alicientes, ofrece dende xa a posibilidade de inscribirse de xeito gratuito, completando previamente o único requisito de solicitalo vía mail a través de Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo., indicando datos persoais e club de procedencia.

A participación neste caso virá tamén acompañada da validación formativa FGB para os alumnos dos cursos, contabilizando a súa asistencia completa ás catro charlas por un total de 12 HORAS.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka