Deporte Galego

Adestradores: "Obradoiro Específico de Minibasket"

  • 26 Abril 2016 |

II edición para o “Obradoiro de Minibasket”. Esta actividade específica para adestradores, e coa categoría mini como protagonista, celebra este domingo, 1 de maio, a súa convocatoria anual de 2016.

Tres charlas prácticas guiadas por adestradores colaboradores do ámbito FGB centrarán esta cita, a cal esta temporada chega coa particularidade de ofrecer dúas opcións xeográficas de asistencia.

Así, na mesma data e horarios (de 10:00 h a 14:00 h), os adestradores interesados en asistir a este “Obradoiro de Minibasket” poderán escoller facelo en dúas sedes diferentes: Carballo ou Pontevedra.

Na vila coruñesa, os relatores encargados de articular a actividade, a levar a cabo no Pavillón Polideportivo Carballo Calero, serán:

Javier Cotelo (Seleccionador Galego Minibasket Masculino. C.B. Artai)

David Martínez Peciña (Ensino Lugo)

Denis Pómbar (Adestrador Axudante Selección Cadete Feminina. Santa Baia Boiro).

Pola súa banda, a xornada pontevedresa terá lugar no Pavillón CEIP Xunqueira da man de:

Manuel Felpeto (Profesor da Escola de Adestradores FGB. Xuventude Baloncesto)

Diana Piñeiro (Seleccionadora Galega Minibasket Feminina. A.D. Cortegada)

Nacho Silva (Seleccionador Galego Infantil Femenino. R.C. Celta Vigo).

Inscrición
A asistencia a estas propostas do II “Obradoiro de Minibasket” debe articularse mediante inscrición previa co envío dun email a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.. Nesta comunicación deben indicarse os datos persoais de cada adestrador, así como a sede elixida, Carballo ou Pontevedra. O tempo para realizar esta solicitude vence este mesmo xoves, 28 de abril; ás 20:00 h

Como aliciente resaltar a posibilidade de validar a asistencia a este Obradoiro por 8 HORAS de formación complementaria

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka