Deporte Galego

Moncho López, protagonista no peche de temporada para a "Aula Formativa do Adestrador Galego"

  • 06 Xuño 2013 |

A "Aula Formativa do Adestrador Galego", proxecto común da Federación Galega de Baloncesto e Obradoiro CAB dirixido aos adestradores galegos, convoca a súa última charla desta temporada, unha nova sesión teórica a cargo, nesta ocasión, do laureado técnico galego Moncho López, actual Coordinador de Baloncesto en FC Porto.

Esta última cita, que porá o perfecto broche a andaina 2012 - 2013 desta iniciativa, terá lugar o vindeiro domingo, 16 de xuño, concentrando a atención sobre os "Interiores e Exteriores. Adestramento das relación no xogo", unha temática que, de seguro, fomentará o intercambio de opinións.

A sede desta última convocatoria será o Polideportivo Municipal da vila pontevedresa de Tui, dando comezo a mesma a partir das 17.00 h. A participación será de carácter aberto e completamente de balde, so precisando comunicar a asistencia a través do envío dos datos persoais de cada interesado a Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Validacións
Do xeito habitual, e continuando a oferta formativa levada a cabo ata o momento actual, os alumnos dos Cursos de Adestradores de Iniciación, Nivel 1 e Nivel 2 da FGB, poderán validar a súa presenza nesta charla por un total de 3 horas de formación continua.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka