A Aula Formativa do Adestrador Galego, activa este domingo

Martes, 05 Abril 2016 15:32

A Aula Formativa do Adestrador volve a actualidade catro meses despois da súa última convocatoria. O programa didáctico da Área deportiva FGB dirixido a todos os adestradores da nosa Comunidade reactívase esta mesma semana coa celebración en Vilagarcía de Arousa (Pavillón de Castelao) de dúas charlas consecutivas.

Coa colaboración do Concello de Vilagarcía e CB Vilagarcía, este mesmo domingo, 10 de abril, a FGB convida aos técnicos Rubén Vieira, Preparador Físico en Club Ourense Baloncesto (LEB Oro); e Darío Méndez, director técnico en Porriño Baloncesto Base; a guiar estas dúas intervencións baixo o seguinte programa:

(16:30 h) Rubén Vieira: "Como optimizar a resposta nos adestramentos de formación".

(18:15 h) Darío Méndez: "Uso de bloqueos en formación: para que, cando e como"

Inscrición
O proceso de inscrición para esta dobre convocatoria da Aula Formativa mantén o seu requisito habitual: o envío, por parte dos interesados, dun email a Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. solicitando a participación e indicando os seus datos persoais, club de referencia e título da charla en cuestión. A data límite para materializar esta acción está marcada para o venres, 8 de abril (ás 19:00 h).

Validación
Igualmente, respectando tamén o proceso de validación deste programa, os alumnos dos Cursos de Adestradores FGB que participen da xornada completa poderán transformar a súa asistencia por un total de 8 HORAS de formación individual complementaria.

Formación

Novas máis vistas

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago         Concello de Tui       Captura de pantalla completa 30032016 181327

 

 

 

  

concello novo 

Captura de pantalla completa 28042016 194652

porriño  Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
 logo aneto  logo special olympics galicia 2 325 

© 2017 Federación Galega de Baloncesto

Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación e ofrecer contidos e publicidade de interese. Ao continuar coa navegación entendemos que se acepta a nosa Política de cookies. Máis información sobre a nosa política de cookies consulta o noso Aviso Legal.

Acepto as cookies

F.G.B.