Deporte Galego

"E ti como adestras?": Básquet Coruña e Javier Cotelo, este xoves en acción formativa

  • 29 Marzo 2016 |

O club herculino segue a apostar polo seu particular proxecto formativo, posto en marcha esta mesma temporada e que, co aval da FGB, recoñece tres horas de formación complementaria por cada charla á que asistan os alumnos en prácticas dos Cursos Federativos.

O programa de charlas formativas "E ti como adestras?", estreado neste 2016 por Basquet Coruña trae consigo este xoves, 31 de marzo; a presenza do seleccionador galego minibasket masculino e técnico de C.B. Artai, Javier Cotelo.

Recen chegado da súa experiencia no Campionato de España de Seleccións, Cotelo compartirá cos asistentes a esta cita as súas reflexións teóricas en torno a defensa individual. O título concreto que envolverá o espírito da súa charla é “Aprendendo a adestrar a defensa individual”.

Programación

A intervención de Javier Cotelo suma a quinta realizada xa no marco deste proxecto didáctico, o cal, completarase ademais no tempo coa seguinte axenda:

12/04/16 - "Tecnificar en todas as idades. Propostas para equipo LEB". Charlie Uzal.

21/04/16 - "O 1x1 tras xogo sen balón. Atacar sobre o pase". Román Gómez.

05/05/16 - "Fomentar a liberdade para decidir". Fernando Buendía.

19/05/16 - "Metodoloxía da técnica individual en categorías de formación". Jorge Iglesias.

09/06/16 - "Adestramento do tiro nas diferentes idades de formación". Mª José Cousillas.

Inscrición

O prazo de inscrición está aberto para todas as sesión deste programa, que son gratuítas e abertas a todos os adestradores da cidade e da súa área metropolitana. O lugar e hora de celebración será a Polideportiva de Riazor 2, á partir das 22:30 horas.

Para realizar a inscrición os interesados poden dirixirse ao Club a través do correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou do teléfono 981 264 022.



volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka