Deporte Galego

Adestradores: Básquet Coruña promove "xornadas de formación"

  • 16 Febreiro 2016 |

(Info: Básquet Coruña) O novo programa de "charlas formativas" posta en marcha polo club herculino comeza este mesmo martes, 16 de febreiro; ás 22:30 horas na Polideportiva de Riazor -2 da man de Javier Codesido. 

A Área de Adestradores FGB recoñecerá tres horas de formación complementaria por cada charla á que asistan os alumnos en prácticas dos Cursos Federativos. 

Baixo o título "E ti como adestras?" Básquet Coruña celebra a partir deste martes unhas xornadas de formación para adestradores, avaladas pola Federación Galega de Baloncesto. 

Entre os relatores figuran adestradores e profesionais do basket de recoñecido prestixio na Coruña e na súa ampla zona de influencia xeográfica. Na maior parte dos casos trátase de adestradores superiores ben coñecidos polo seu traballo e traxectoria. 

O prazo de inscrición está aberto para todas as sesións, que son gratuitas e abertas a todos os adestradores da cidade e área metropolitana. O lugar e hora de celebración será, en todos os casos, a Polideportiva de Riazor 2, ás 22:30 horas.

Programación
As xornadas comezan este mesmo martes ás 22:30 horas da man de Javier Codesido, quen tratará sobre "Aprender a xogar sen o balón. Atacar espazos, crear espazos".

A programación das próximas charlas é a seguinte:

23 de febreiro: "Estrutura defensiva: Conceptos individuais e colectivos" - Carlos Cortés.

15 de marzo: "Estructuración da sesión e unidade básica de adestramento" - Javier Rodríguez.

31de marzo: "Aprendendo a adestrar a defensa individual" - Javier Cotelo.

12 de abril: "Tecnificar en todas as idades. Propostas para equipo LEB" - Charlie Uzal.

21 de abril: "O 1x1 tras xogo sen balón. Atacar sobre o pase" -  Román Gómez.

5 de maio: "Fomentar a liberdade para decidir" - Fernando Buendía.

19 de maio: "Metodoloxía da técnica individual en categorías de formación" - Jorge Iglesias.

9 de xuño: "Adestramento do tiro nas diferentes idades de formación" - Mª José Cousillas.

Para realizar a inscrición os interesados poden dirixirse ao Club a través do correo Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou do teléfono 981 264 022.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka