Deporte Galego

X Semana de Adestramentos LEB Ouro / Liga Feminina

  • 02 Febreiro 2016 |

A Asociación Española de Adestradores de Baloncesto mantén activo o prazo de inscrición para o seu programa Semana de Adestramentos LEB Oro/Liga Feminina, actividade que - un ano máis- xera gran interese entre os participantes e que neste 2016 suma dez anos.

O proxecto renova a aposta polo seu formato tradicional e ofrece de novo a todos os adestradores que o desexen a posibilidade de desfrutar dunha semana compartindo sesións, partidos, debates e comentarios cos adestradores profesionais do baloncesto español.

Este 2016 as posibilidades galegas de participar repártense en catro semanas diferentes baixo o seguinte calendario:

Ourense Provincia Termal - Gonzalo García de Vitoria (do 08 ao 14 de febreiro)

Cafés Candelas Breogan - Lisardo Gómez (do 15 ao 21 de febreiro)

Leyma Basquet Coruña - Tito Díaz (do 29 de febreiro ao 6 de marzo)

Star Center Uni Ferrol - Lino Lopez (do 14 ao 20 marzo 2016)

Inscrición
Os adestradores interesados en tomar parte dalgunha destas propostas autonómicas poden inscribirse a través da propia FGB, enviando a correspondente folla de inscrición a través do email Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Indicar que ao remate de cada “Semana de Adestramentos”, os participantes deberán elaborar un traballo, de obrigada entrega, sobre os detalles técnicos contemplados durante a mesma. Tras culminar este proceso, todos os alumnos recibirán un certificado de asistencia válido por 20 h, hábil para obter a acreditación dás horas de prácticas requiridas para as titulacións expedidas pola Federación Española de Baloncesto

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka