Deporte Galego

O "IV Claustro Docente FGB" dispoñible en FGBRetransmisións

  • 02 Febreiro 2016 |

A Área de Adestradores FGB enche FGBRetransmisións de novo contido didáctico. Dende este mesmo martes, a canle en YouTube da FGB permite acceder ás charlas técnicas celebradas no marco do IV Claustro Docente, celebrado en Celanova o pasado decembro de 2015.

De xeito íntegro e como estrea do material colleitado nesta cita formativa, xa está disponible a primeira das catro conferencias que protagonizaron o indicado Claustro e que estivo dirixida por César Iglesias, adestrador superior e técnico en 1º división infantil feminina co Real Club Celta.

A intervención do técnico celeste estendeuse durante unha completa hora na que se afondou e incidiu nos "Xestos técnicos universais na mellora individual".

En vindeiras datas do presente mes de febreiro e do vindeiro marzo activaranse tamén para a súa consulta as restantes charlas que configuraron esta cuarta edición do Claustro:

PEDRO RIVERO: "Recursos necesarios para un xogador en espazos exteriores"

ANDRES CADAHÍA: "Decisións ofensivas cerca do aro"

CARLOS MACEIRAS: "Asociar o xogo desde a táctica individual".

Para acceder á charla de César Iglesias xa podes acceder AQUÍ

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka