Deporte Galego

Adestrador Galego: Cursos de Iniciación en A Coruña e Santiago

  • 25 Xaneiro 2016 |

As Delegacións FGB en Santiago e A Coruña manteñen abertas sendas convocatorias formativas para todos aqueles adestradores que desexen completar o Nivel Iniciación durante o inminente mes de febreiro.

A celebrar, en ambos os casos, nos primeiros días do citado mes, estas dúas propostas didácticas comprenden os seguintes requisitos:

Delegación Santiago

Curso Adestradores – Nivel Iniciación

Datas lectivas: 6, 7, 8 e 9 de febreiro

Sede: Colexio Manuel Peleteiro

Inscrición: aberta ata o dous de febreiro

Delegación A Coruña

Curso Adestradores – Nivel Iniciación

Datas lectivas: 5 (horario de tarde), 6, 7, 8 de febreiro

Sede: Palacio Deportes de Riazor e Pavillón Compañía de María

Inscrición: aberta ata o dous de febreiro

Inscrición
Os interesados en tramitar a súa inscrición nestas convocatorias poden xestionalo vía mail a través da delegación correspondente (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo. ou Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) e previo pago da cota de preinscrición (200 euros) que inclúe taxas de matrícula das convocatorias ordinarias, docencia, atención titorial, certificación de diplomas, documentación do curso e material didáctico. (Abono por transferencia bancaria á conta 2100 - 1455 - 14 - 0200227406. Indicando: nome persoal completo e nivel do curso)

A documentación precisa para materializar este proceso, así como os condicionantes previos a cumprir no mesmo, poden consultarse nos documentos que se achegan. 

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka