Deporte Galego

Convocado o Curso Superior de Adestradores 2016

  • 21 Xaneiro 2016 |
Convocado o Curso Superior de Adestradores 2016
(Foto: FEB.es)

(Información: Comunicación FEB) Zaragoza volverá ser a sede do Curso Superior de Adestradores, cuxa fase presencial celebrarase do 16 ao 30 de xullo. O período de inscrición xa está aberto.

A Federación Española de Baloncesto, en colaboración coa Federación Aragonesa de Baloncesto convoca o XL Curso de Adestrador Superior 2016, cuxa fase presencial volverá a celebrarse na capital aragonesa.

O Curso, de carácter Federativo, terá unha carga lectiva de 750, dividida en tres fases: a Académica - cun período a distancia e unha fase presencial-, a Fase de Proxectos e a Fase de Prácticas. O oito de abril de 2016 dará comezo o Curso, que rematará o 28 de febreiro de 2017. A Fase Presencial celebrarase en Zaragoza do 16 ao 30 de xullo.

O período de inscripción xa está aberto e estenderase ata o catro de abril, cun máximo de 150 alumnos, mentres que o sete de abril notificarase a lista de admitidos. Do mesmo xeito que nos últimos anos os contidos específicos estarán divididos en catro grandes bloques: Formación do xogador, Adestramento de Alto Rendemento, Táctica en Baloncesto e Dirección de Equipos.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka