Deporte Galego

O "Claustro Docente FGB" regresa polo Nadal

  • 16 Decembro 2015 |

A marca #adestradorgalego volve a cobrar protagonismo neste Nadal. A Área Deportiva FGB, pensando de novo nas posibilidades formativas de todos os técnicos, convoca unha nova edición do “Claustro Docente FGB”.

O Polideportivo Municipal de Celanova acollerá esta iniciativa didáctica o vindeiro domingo, 27 de decembro; agrupando en torno a un mesmo eixo temático, “a evolución do xogador en formación”, a catro relatores habituais do ámbito FGB:

Carlos Maceiras: adestrador superior (91/92).

César Iglesias: adestrador superior (09/10) e técnico en 1º división infantil feminina co Real Club Celta.

Pedro Rivero: adestrador superior (14/15) e xogador do Ourense Provincia Termal (Leb Oro).

Andrés Cadahía: adestrador superior (09/10) e actualmente na disciplina do AD Porto do Son.

Programación

Esta revitalizada proposta do “Claustro Docente FGB” terá lugar ao longo de toda a xornada dominical indicada, combinando, en formato de mañá e tarde, catro intervencións teóricas, xantar de convivencia e debate e obradoiros en pista.

O detalle horario de todas estas accións, así como a faceta específica de cada charla son: 

10:30 h CESAR IGLESIAS: "Xestos técnicos universais na mellora individual"

11:45 h PEDRO RIVERO: "Recursos necesarios para un xogador en espazos exteriores"

13:00 h ANDRES CADAHÍA: "Decisións ofensivas cerca do aro"

16:00 h CARLOS MACEIRAS: "Asociar o xogo desde a táctica individual".

Inscrición

Os datos xa confirmados son os relativos ao proceso de inscrición. Así, todos os interesados en formalizar a súa presenza poderán facelo ata o vindeiro 23 de decembro cubrindo os seguintes requisitos:

- Pago cuota inscrición (12 euros – inclúen o xantar) na conta 2100/1455/14/0200227406 ES96 ("la Caixa")

- Envío vía mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) do xustificante de pago, engadindo os datos persoais.

Validación Horaria

Seguindo o proceder lectivo da Área de Adestradores FGB, este “Claustro Docente” terá un valor de 12 horas de Formación Complementaria para todos aqueles adestradores que asistan á xornada completa e que precisen sumar horas de formación ao seu currículo deportivo.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327   concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño Captura de pantalla completa 08112017 105358 
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka