Deporte Galego

CB Allariz e Miguel Ángel Hoyo, da man nunha nova “Xornada de Baloncesto Formativo”

  • 14 Decembro 2015 |

O Clube Baloncesto Allariz, en colaboración co Concello de Allariz e a Federación Galega de Baloncesto, organiza e promove unha atractiva “Xornada de Baloncesto Formativo” guiada polo actual adestrador de Xuventude Baloncesto (LEB Plata), Miguel Ángel Hoyo. 

Establecida para o vindeiro mércores, 23 de decembro, con sede no Pavillón Municipal da propia vila alaricana, o técnico galego, avalado pola súa ampla e exitosa traxectoria internacional, agrupará diferentes eixos temáticos dos que se poderá desfrutar tanto teórica como practicamente.

O programa completo marcado para esta iniciativa contempla o seguinte plan de materias e traballo en pista:

(10:00 h) Recollida de Documentación

(10:30 h) Adestramento Alevín: “Como adestrar o Tiro en Minibasket”

(11:45 h) Café Coloquio

(12:15 h) Adestramento Infantil Feminino: “Lectura do Xogo. Toma de decisións”

(16:15 h) Charla Técnica: “Metodoloxía nas categorías de formación”

(17:45 h) Xogo sen Balón: “O pase como nexo de unión”

Inscrición
Os adestradores interesados en ser parte desta “Xornada de Baloncesto Formativo” poderán facelo baixo inscrición previa. A súa solicitude debe realizarse vía mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) ou telefonicamente (698154832). A cota económica establecida para este proceso é de 10 euros

Ademais, todos eles, se contan coa condición de alumnos actuais dos Cursos de Adestradores FGB, poderán validar a súa presenza na Xornada por un total de 6 HORAS de formación complementaria máis un CETI.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka