Deporte Galego

Carlos Colinas regresa ao banquiño de España

  • 14 Xuño 2013 |

O actual director deportivo da Federación Galega de Baloncesto e á súa vez o seleccionador da historia do Baloncesto Español con máis medallas conquistadas, Carlos Colinas, regresa aos banquiños do equipo nacional na Selección U19 Feminina que o próximo verán disputará o Mundial de Lituania

(Info:FEB) Colinas, membro tamén do Gabinete Técnico FEB, farase cargo da Selección U19 que disputará o Mundial de Lituania do 18 ao 28 de xullo. Un reto que supón "unha volta a un banquiño que especialmente gústame xa que nas diferentes seleccións nacionais vivín algún dos mellores momentos da miña carreira e onde ademais podes traballar coas mellores xogadoras de cada xeración".

Ademais o técnico galego substitúe a "un amigo e un gran adestrador que non poderá estar no Mundial por motivos de índole familiar pero que adiantou traballo e ao que espero que lle vaia moi ben e que poida regresar pronto. Esta situación excepcional facía que á FEB necesitase que dese un paso á fronte e por iso aceptei".

MIGUEL MENDEZ: A FAMILIA É O PRIMEIRO
Miguel Martínez Méndez era o elixido para levar as rendas da Selección un verán máis "e van 12 consecutivos" sinala o adestrador campión de Copa con Rivas a pasada tempada. Pero aínda que Méndez mostrábase "especialmente motivado para afrontar o reto do Mundial" un imprevisto familiar demanda toda a súa atención en próximas datas. Por iso "aínda que me dá moita pena creo que debo realizar un exercicio de responsabilidade e estar ao carón da miña familia. Existían posibilidades reais de non poder acudir ao Mundial e non quería deixar colgado ao meu equipo".

Con todo Miguel Méndez espera "poder volver pronto. Sempre estou a disposición do Gabinete Técnico da FEB porque esta é unha das miñas grandes paixóns e un orgullo que se repite cada verán".

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka