Deporte Galego

Decembro, referencia para un novo curso de iniciación

  • 24 Novembro 2015 |

Nova oportunidade para a formación na área de adestradores. A delegación zonal FGB en Vigo convoca un curso de iniciación neste campo que terá lugar entre os días catro e oito de decembro.

As instalacións do Colexio Mariano, na propia cidade olívica, servirán de escenario a esta nova cita didáctica, á que están convidados a participar todos aqueles interesados en tomar o seu primeiro contacto coa tarefa de adestrador.

A actividade formativa comprenderá unha carga lectiva de 35 horas estipulada pola normativa oficial dos cursos de iniciación FGB e repartida entre as seguintes materias: Técnica Individual, Creación de Xogo Colectivo, Metodoloxía Planificación, Regras de Xogo, Preparación Física, Alimentación e Hábitos de Sáude, Dirección de Equipo, Xestión do Entorno, Simboloxía e Pautas de Psicoloxía deportiva.

Requisitos
Os aspirantes a novos adestradores poden tramitar oficialmente a súa participación a través da propia Delegación Zonal implicada: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Nos documentos que se achegan remitimos o formulario axeitado para xestionar a inscrición, así como a normativa correspondente á solicitude de bolsas de axuda económica dispoñibles para esta convocatoria.

volver arriba

Colaboradores Institucionales

Concello de Santiago  Concello de Tui  Captura de pantalla completa 30032016 181327  cropped LOGO REDES 7 concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652 porriño  
lugo logo-deputacion-ourense logo DEPUTACION PONT
Deputación da Coruña  logouvigo 

Colaboradores FGB


 
logo aneto logo special olympics galicia 2 shuka